En O máis estraño aparecn relatos xa célebres como A barra de pan ou A lingua das bolboretas, contros extraordinarios por descubrir como A chegada de Ingrid, e inéditos sorprendentes como A sombra do soño.
Os medos, as paixóns, a emigración, a guerra, os naufraxios, a relixión, a culpa, a depredación da natureza, a arte e a vida, o humor insurxente, o poder e as súas máscaras, a incomunicación, as fronteiras, a resistencia das voces baixas, o andar vagabundo do ser e as palabras á procura dunha segunda existencia... O máis estraño pescuda no enigma humano, cunha linguaxe incandescente e indócil.